Colofón

AR\DE Arquivo do Deseño Galego é unha iniciativa da DAG Asociación Galega de Deseño.

O proxecto inicial de creación da base de datos de recursos sobre o deseño galego foi promovido polas socias Ana Boquete, María Agra, María Ramos e Óscar Otero.

A web de AR\DE foi deseñada e desenvolvida polo equipo de Desoños (Noelia Estévez, Carlos Álvarez, Pablo Amoedo, Lara Díaz, Susana Ante, Leticia Paz e Ricardo Couñago) e fíxose pública o 28 de febreiro de 2023.

Dende setembro de 2023, o equipo voluntario encargado de manter e xestionar AR\DE está integrado por María Agra, Samuel Baltar, Ana Besada, Raquel Boo, María Ramos e Óscar Otero.

O 28 de xuño de 2024 nace o Rexistro Sonoro do Deseño Galego, unha idea orixinal de Adrián Parcero, Dani Bembibre e Pablo Silva, con guión e dirección de Pablo Silva e montaxe e edición de David Santos.