Rexistro Sonoro do Deseño Galego
Pepe Barro (Pontedeume, 1955) é deseñador gráfico, docente e investigador, figura clave na identidade visual galega contemporánea. Forma parte do Grupo Revisión e traballa como profesional independente logo dende Barro Deseño.
Proxecta identidades visuais para entidades como a Universidade da Coruña, o Consello da Cultura Galega, Edicións Xerais, Turgalicia, Denodo e Culturgal. Deseña publicacións como A Nosa Terra, Diario de Galicia, Tempos e Sermos Galiza. Realiza tamén proxectos expositivos e museográficos: a Casa de Rosalía de Castro, o Museo Ramón Cabanillas de Cambados, exposicións como “Con-fío en Galicia”, “Saúde e Terra, irmá(n)s!”, ou “Galicia 100, obxectos para contar unha cultura”. Deseña ademais produtos gráficos diversos, desde identidades para albariños como Terra de Asorei ata os primeiros cuponazos da ONCE.
Desenvolve unha labor intensa de investigación e divulgación da historia do deseño en Galicia, mediante artigos, libros como Máis que ver. Cen historias do deseño na Galiza e exposicións de carácter retrospectivo.
É membro da Asociación Galega de Deseño (DAG).
Carmen Moral Ardines é enxeñeira agrónoma e conta cun máster en Arquitectura da Paisaxe pola Juana de Vega (USC/UDC). É cofundadora e directora no estudio ORZA Arquitectura da Paisaxe en Santiago de Compostela, onde lidera estratexias creativas, planificación e dirección de obra.
Desde 2013 centra a súa práctica profesional en proxectos de paisaxe tanto públicos como privados, co obxectivo de integrar o espazo natural e urbano desde un enfoque sensible e contemporáneo. En 2014 fora recoñecida cun Primeiro Premio Nacional Iberflora en Xardinería e Paisaxismo en Medio Urbano. Ademais, forma parte da Asociación Española de Paisaxistas e do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia.
Para ela, deseñar paisaxes significa conectar coas persoas, a memoria e o territorio.
Marcos Dopico Castro (Narón, 1974) é doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo (2009) e profesor titular de tipografía e deseño na Facultade de Deseño do campus de Pontevedra onde, desde 2024 exerce como decano. É un dos pioneiros do deseño tipográfico en Galicia a través da súa fundición MaisTypes, e investiga a relación entre a modernidade gráfica e a recuperación do patrimonio tipográfico galego, así como as estratexias identitarias en deseño. Entre as súas achegas destacan os libros “Arqueoloxía tipográfica: A evolución dos caracteres de palo seco” (2011) e “A Galicia deseñada: signos, símbolos e identidades gráficas” (2024), así como a curaduría da exposición do mesmo nome (2022–23). Ademais, a súa contribución profesional e académica foi recoñecida en 2023 cun Premio Laus de Bronce na categoría de lettering/tipografía experimental concedido por ADG‑FAD.
Natalia Crecente é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, especializada en deseño e audiovisuais. Apaixonada pola tipografía, realizou cursos de doutoramento na Universidade de Barcelona e investigou sobre deseño gráfico coa tesina sobre Emil Rudolf Weiss e o fondo tipográfico Neufville-Bauer.
Comezou a súa carreira profesional no Grupo Revisión (A Coruña) e foi deseñadora gráfica na Universidade de Santiago, centrada en deseño web e multimedia. En 2006, cofundou o estudo Sond3 (Lugo), recoñecido con premios como o da II Bienal Iberoamericana de Deseño 2010.
É membro fundadora da asociación galega de deseñadores DAG e compaxina o seu labor docente na Escola de Arte Ramón Falcón co traballo en Sond3 e a súa tese doutoral sobre tipografía galega.
Pablo Honey (Pablo Blanco) é un deseñador galego. Naceu nunha aldea da Costa da Morte, creceu en Suíza e vive entre Nova York e Compostela.
Traballou nalgunhas das axencias e contas máis recoñecidas (R/GA, Nike, Camper, Fossil...). Traballa desde hai anos como xefe de deseño de Automattic, a empresa creadora de WordPress, a plataforma web que emprega case a metade do mundo.
Del aprendemos a importancia da curiosidade no deseño e a importancia de non darse tanta importancia. O deseño é tan importante canto é capaz de aportar á comunidade. Unha deseñadora ou deseñador non vale máis que un albanel ou unha profesora.
Tamén, grazas a el, sabemos que a subscrición da revista da School of Visual Arts de Nova York chega a Romelle sen problema.
Uqui Permui é directora de arte, deseñadora gráfica y UX. É tamén Profesora asociada en la USC e a responsable do estudo detrás de Uqui.net.
As dúas características que definen os proxectos nos que se involucran son, nas súas verbas, por un lado a implementación de estratexias de incitan a colaboración e, por outro, a activación da esfera pública.
Ricardo Tubío é un dos socios fundadores de Cenlitros, un estudio de clara orientación humanista que cree no deseño que vai máis aló da simple función práctica e que aborda tamén funcións de carácter emocional e social.
Durante case vinte anos, Cenlitros desenvolveu proxectos que van dende o deseño de produto, a gráfica, a embalaxe ou o deseño de espazos permanentes e efémeros.
Ao longo da súa traxectoria tivo a oportunidade de asinar proxectos que analizan e reflexionan sobre o ámbito creativo, técnico ou sociocultural.
Natalia Balseiro é investigadora, curadora e mediadora cultural. Desde fai máis de vinte anos deseña procesos e proxectos de arte, cultura, participación, innovación democrática, mediación e desenvolvemento territorial e sectorial desde a administración pública e como profesional independente a nivel local, autonómico, estatal e internacional.
Álvaro Valiño traballa como infografista para The Washington Post desde a súa cidade natal, A Coruña. É licenciado en Deseño Gráfico polo London College of Communication e foi Xefe do Departamento de Infografía do diario español Público.
Anteriormente traballou como freelance para clientes de todo o mundo como National Geographic Magazine, The Washington Post, The Guardian, Corriere della Sera, Science ou Revista Mongolia, entre outros. O seu traballo recibiu máis de 30 premios Malofiej, considerados como o Premio Pulitzer de gráficos de información. Impartiu seminarios de infografía en Madrid, Nova Delhi ou Kuala Lumpur e exerceu de revisor por pares para o Visible Language Journal. Foi coautor dun artigo publicado en Nature sobre Asociacións entre ciencia e arte gráfica para aumentar o impacto da investigación
Na actualidade, Álvaro tamén imparte clases de infografía, centrándose nas posibilidades comunicativas dos esquemas e a síntese gráfica no Máster en Visualización de Datos e Deseño da Información da escola online Elisava.
Gústalle o café, os documentais, os cómics, as bicicletas e conversar.
A segunda tempada do Rexistro Sonoro conta co apoio de