Queremos que AR\DE sexa un proxecto colaborativo. Áxudanos a enriquecer o Arquivo do Deseño Galego.
Podes contribuír a que AR\DE sexa unha plataforma máis completa e diversa. Envía as túas achegas se botas algo en falta ou cres que hai algún dato incorrecto.
Que información podes enviar
AR\DE inclúe información e imaxes de deseño galego nas seguintes disciplinas:
- Deseño gráfico
- Deseño dixital
- Deseño de procesos e organizacións
- Deseño industrial e de produto
- Deseño de espazos
- Deseño de moda
- Deseño tipográfico
- Deseño audiovisual
Aceptamos referencias de recursos que traten o deseño galego e a súa historia. Avaliamos tamén recomendacións de proxectos para incluír no Arquivo Dixital.
Ten en conta que este non é un catálogo de proxectos de deseño, senón unha selección que busca ser representativa de distintos momentos, tecnoloxías, autorías e realidades ao longo da nosa historia. Valoramos especialmente os proxectos que supoñen unha descuberta por seren pouco coñecidos ou por revelar novos datos.
Explora o ArquivoCriterios para o Arquivo dixital
No Arquivo do Deseño seleccionamos proxectos de deseño galego relevantes, segundo os seguintes criterios:
Recoñecemento social
Deseños que son ou foron identificados por unha ampla parte da poboación; creacións que integran o imaxinario colectivo.
Impacto social, económico e/ou cultural
Deseños creados nun contexto de transformación, que axudaron a que se produciran cambios significativos ou que tiveron parte en acontecementos destacados da historia de Galicia.
Innovación formal, conceptual e/ou técnica
Deseños pioneiros ou novidosos no momento no que xurdiron, que destacan pola súa proposta formal, polas técnicas empregadas ou pola súa capacidade para presentar conceptos dunha maneira diferente.
Pervivencia no tempo
Deseños que teñen alomenos 10 anos de antigüidade. No caso das disciplinas vencelladas a tecnoloxías que evolucionan rápidamente, deseño dixital e deseño audiovisual, o límite é de 5 anos. Incluímos tamén o deseño de tipografías neste último grupo, por tratarse dunha disciplina con pouca tradición histórica en Galicia.
Na base de datos de Recursos admitimos referencias e ligazóns en calquera das catro categorías:
Artigos, ensaios, catálogos de exposición, revistas e outras publicacións editadas en formato físico.
Páxinas ou artigos na web e álbums de imaxes en plataformas dixitais.
Museos, arquivos, coleccións, bibliotecas e outros lugares de consulta e exposición.
Conferencias, entrevistas, reportaxes ou pezas documentais, publicadas en internet ou dispoñibles en formato sonoro ou audiovisual.
Queres colaborar?
Enviar información