Explora os contidos do arquivo
AR\DE nace coa vontade de chegar a ser, no futuro, un Arquivo do Deseño Galego, que sirva para a consulta e arquivo de información sobre pezas e profesionais chave na historia do deseño en Galicia, facilitando a investigación e divulgación do noso patrimonio histórico.
Nesta primeira etapa de vida, AR\DE bota a andar coa creación dunha base de datos; unha lista de referencias para coñecer o legado histórico que deixan as obras, entidades e persoas que tratan o deseño galego nas súas distintas disciplinas.
A base de datos de AR\DE está aberta para a consulta de calquera persoa interesada. Está organizada segundo o tipo de contidos en catro categorías principais: bibliografía impresa, recursos web, espazos físicos e recursos audiovisuais. É unha lista en constante crecemento, á que se poden incorporar novos datos.
Un proxecto para o estudo, investigación e documentación do deseño galego.
Rexistro Sonoro do Deseño Galego
Descobre os podcast de AR\DE.
Cada mes publicamos un novo capítulo, no que profesionais do deseño galego comparten información e reflexións sobre o seu traballo e a súa traxectoria.
Ir a PodcastQueres contribuír?
Se queres enriquecer esta base de datos con información que cres que falta, só tes que cubrir un breve formulario.
Contribúe aquíTes proxectos ou ideas cos que AR\DE poida colaborar?
Cóntanolos.
Bibliografía impresa
Referencias de artigos, ensaios, catálogos de exposición, revistas e outras publicacións impresas.
O lado da sombra. Sedición gráfica e iniciativas ignoradas, raras ou desacreditadas entre 1971 e 1989
- Pepe Sendón , Antón Seoane , Pedro G. Romero , Kukas , Germán Labrador , Xosé Díaz Arias de Castro , Carmen Blanco , Fernando Alonso Romero , Fausto Isorna , Xron , Joao Gesta , Pedro Bretón Pérez , Anxo Rei Ballesteros , Nonito Pereira , Silvia Longueira Castro , Agar Ledo , Anxo Rabuñal e Enrique Álvarez Escudero
- 2005
Recursos web
Páxinas ou artigos na web e álbums de imaxes (Flickr ou plataformas similares).
Espazos físicos
Nome e datos de contacto de espazos físicos: museos, arquivos, coleccións públicas e privadas, bibliotecas e outros lugares de consulta que dispoñan de documentación ou material histórico.
Recursos audiovisuais
Conferencias, entrevistas, reportaxes ou pezas documentais que estean publicadas en internet ou dispoñibles en arquivos de imaxe ou son.