Espazos físicos

Biblioteca Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento

Localidade
Santiago de Compostela
Enderezo
Rúa de San Roque, 2
Teléfono
981 540 229
Email
biblioteca@iegps.csic.es
Disciplina
Deseño gráfico
Web
iegps.csic.es
Categorías
Editorial Publicidade e gráfica aplicada
Descrición
A Biblioteca do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (Santiago de Compostela) é unha das máis valiosas e nutridas de Galicia. A súa colección vén dos fondos do desaparecido Seminario de Estudos Galegos, que foron ampliados con doazóns e depósitos de diversos investigadores e estudiosos. Tras a desaparición do Seminario de Estudos Galegos en 1940, os membros superviventes promoveron a creación do Instituto Padre Sarmiento no seo do CSIC. Desde o ano 2000 o IEGPS ten a súa sede no antigo Hospital de San Roque, en Santiago. Os fondos da biblioteca na actualidade superan as 25.000 monografías e os 8.500 folletos, e inclúen seccións como prensa antiga, revistas mortas e un fondo documental con coleccións como o arquivo fotográfico Chicharro.

Recursos relacionados

Queres contribuír?

Se queres enriquecer esta base de datos con información que cres que falta, só tes que cubrir un breve formulario.

Contribúe aquí