Cartaces do Cineclube de Compostela (2001-2011)
- Ano de publicación
- 2011
- Tipo de publicación
- Libro
- Descrición
- No ano 2011, con motivo do décimo aniversario do Cineclube, querendo render homenaxe a toda a produción gráfica de cartaces coa edición do libro Cartaces do Cineclube de Compostela (2001-2011). Recóllense alí as creacións de Xoel Méndez, xunto ás de Juan David Díaz, Nadina Bértolo e X. Carlos Hidalgo. Este último, tendo o traballo máis duradeiro entre as deseñadoras do Cineclube, conseguiu crear unha estética propia para a asociación que fuxira, porén, de toda norma imaxinábel. Os nosos cartaces non teñen logo e poden variar de tamaño, de cores, de formato, de tipo de letra ou de deseñadora. No entanto, continúan a ser recoñecíbeis como cartaces do Cineclube.