AR\DE Arquivo do Deseño Galego é unha iniciativa da DAG Asociación Galega de Deseño.

O proxecto inicial foi promovido polas socias Ana Boquete, María Agra, Óscar Otero e María Ramos. Actualmente, a responsabilidade da xestión, comunicación e actualización do proxecto recae nun grupo integrado por varias persoas voluntarias:

  • María Agra Bermejo

    Santiago de Compostela \ 1986

    Deseñadora de produto dixital. Traballou, entre outros sectores, no deseño de software de xestión de coleccións e arquivos e en tecnoloxía ‘blockchain’ aplicada ao mundo da arte.

  • Carlos Álvarez Álvarez

    Vigo \ 1971

    Deseñador gráfico e co-fundador do estudio Desoños. Formado como deseñador de interiores e encadernador dirixe na actualidade proxectos expositivos, editoriais e de identidade visual.

  • Ana María Besada Fernández

    Sanxenxo \ 1978

    Deseñadora de interiores e mobiliario. Fundadora do Estudio Slab Arquitectura de Interiores, traballa nos eidos do deseño de espazos e do deseño de produto. Centrou o seu TFG na recuperación de edificacións públicas abandoadas para evitar o continuo consumo de territorio.

  • Raquel Boo Anderson

    Chester \ 1978

    Licenciada en Publicidade e RRPP, traballa no eido do deseño gráfico e a comunicación visual, presidenta da DAG Asociación Galega de Deseño (2024–2026).

  • Álex Bragaña Buela

    A Estrada \ 1976

    Licenciado en Historia da Arte. Ten participado en proxectos de divulgación como patrimoniogalego.net ou novocinemagalego.info. Na actualidade investiga sobre ilustración editorial en España.

  • Óscar Otero Marzoa

    Tordoia \ 1979

    Deseñador dixital e programador web. Ao longo da súa carreira combinou o seu traballo como deseñador en axencias e empresas de produto dixital con proxectos propios relacionados co deseño, a arte e o código libre.

  • Laura Navarro Ruiz

    Águilas \ 1987

    Deseñadora gráfica e dixital especializada en deseño editorial, identidade visual e dirección de arte. Desenvolveu proxectos centrados na recuperación da memoria histórica e intrahistórica, entre os que atopamos a investigación da súa cidade natal “Fragmentos de la memoria. Águilas en el s.XX”.

  • María Ramos Silva

    Santa Comba \ 1982

    Deseñadora de tipografías, deseñadora gráfica, co-fundadora da fundición tipográfica NM type e investigadora independente. Coordina AR\DE dende o ano 2022.

  • Belén Otero Mouro

    Biel\Bienne \ 1976

    Editora e directora creativa. Con formación en fotografía artística e socioloxía, traballou como fotógrafa, creadora de contidos e directora de arte. Actualmente, colabora cunha editorial.

  • Rexistro Sonoro

    O Rexistro Sonoro de AR\DE é unha idea orixinal de Adrián Parcero, Dani Bembibre e Pablo Silva. O guión e dirección do pódcast é responsabilidade de Pablo Silva e a montaxe e edición corre da conta de David Santos.

  • Páxina web

    Esta páxina web está deseñada e desenvolvida polo equipo de Desoños (…) En decembro de 2025 preséntase unha nova versión, máis completa, para acoller o Arquivo dixital.

Asesoramento

O equipo conta co apoio dun grupo de profesionais con coñecemento especializado en distintas áreas que colaboran na proposta, selección e catalogación dos proxectos do Arquivo dixital:

  • Ana Boquete López

    Cerceda \ 1996

    Con formación en ilustración, deseño gráfico e UX, ten experiencia profesional no eido editorial e en deseño de servizos e produto dixitais. O seu Traballo de fin de grado “O deseño na historia da prensa galega” documenta as capas dos xornais e revisas da prensa galega, dende os seus inicios ata comezos do século XX.

  • J. Luis Gil Pita

    Madrid \ 1968

    Arquitecto, é vogal de cultura e patrimonio no Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia dende 2023. Xunto á súa socia Cristina Nieto, comisaría exposicións, escribe e edita publicacións sobre arquitectura e mobiliario. Os seus proxectos arquitectónicos vencéllanse principalmente ao mantemento, rehabilitación e restauración do patrimonio histórico e moderno.

  • Daniel González Portela

    Camposancos \ 1975

    Coordinador creativo na Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia. Realizador, editor e posprodutor de vídeo e 3D. Creador e presentador de Movendo Marcos, videopodcast da Radio Galega de entrevistas sobre deseño e creatividade galega.

  • Carlos L. Bernárdez

    Vigo \ 1958

    Historiador da arte, escritor e investigador. Membro da Academia das Belas Artes, foi comisario de exposicións sobre figuras relevantes na arte galega das vangardas, como Castelao, Seoane, Maside ou Colmeiro. Escribe sobre arte en Faro de Vigo e no semanario Sermos Galiza.

  • Fernando Martínez Vilanova

    Vilarchán, Ponte Caldelas \ 1949

    Artista plástico, profesor e crítico de arte. Relacionado desde moi novo co gremio de ourives, publicou en 2011 “A ourivería tradicional en Galicia”, a primeira catalogación diacrónica desta actividade e a súa evolución desde o século XVII ao XX.

  • Eva Quintas Froufe

    Maceda \ 1982

    Directora e fundadora de Treats, unha empresa de investigación visual e dirección de arte. A súa tese de doutoramento “Federico Ribas Montenegro. Obra gráfica, editorial y publicitaria. Análisis y catalogación documental (1916-1936)” documenta a prolífica obra deste ilustrador e deseñador galego.

  • Uqui Permui Martínez

    Barallobre \ 1964

    Directora de arte, deseñadora gráfica e UX, compaxina o traballo no seu estudio uqui.net coa docencia na USC. Ten ampla experiencia en proxectos vencellados ao ámbito da creación contemporánea e o activismo social, traballando en diversos ámbitos do deseño.

  • Manuel del Río Regos

    Ordes \ 1978

    Deseñador de produto, foi cofundador do estudio cenlitrosmetrocadrado. Traballa en deseño e desenvolvemento técnico de luminarias en A-Emotional Light. Dende 2007 desenvolve proxectos de deseño gráfico, de produto e de espazos.

Persoas e entidades colaboradoras

Este proxecto é posible grazas á colaboración de numerosas persoas e entidades que facilitan a difusión de imaxes e documentos, comparten información e axudan a crear novos contidos.

Mencionamos a continuación algunhas das persoas e entidades que colaboraron para a creación do Arquivo dixital, facilitando imaxes e información dos proxectos seleccionados.