Bibliografía impresa

Cartaces do Cineclube de Compostela (2011-2019)

Ano de publicación
2019
Disciplina
Deseño gráfico
Tipo de publicación
Catálogo de exposición
Descrición
Case oito anos daquel primeiro libro, Ciclón ofrece ao Cineclube a posibilidade de explorar e recoller a súa produción gráfica, co requisito de formar un catálogo de cen cartaces. Aproveitan esta ocasión para compilar todos os deseños posteriores a aquela publicación, ademais dalgunhas variantes, descartes e modificacións que nunca viran a luz. Con todos eles quixemos, dalgún xeito, ir alén do ecrán e da escuridade da sala para saírmos á rúa, ao lugar onde acontece o real.