Espazos físicos

Museo do Pobo Galego.Biblioteca e Arquivo.

Localidade
Santiago de Compostela
Enderezo
San Domingos de Bonaval s/n
Teléfono
981 58 36 20
Email
info@museodopobo.gal
Disciplina
Deseño gráfico
Web
museodopobo.gal
Temática
Imprenta
Descrición
Máis de 100.000 publicacións e numerosos documentos de temática diversa, datados entre os séculos XII e XXI, ademais doutros materiais singulares como fotografías, carteis, postais, folletos, mapas e planos, partituras, pergameos… compoñen o fondo da Biblioteca e Arquivo do Museo do Pobo Galego. A meirande parte proceden de doazóns persoais ou de entidades, tal como é o caso dos arquivos de La Artística-Alonarti (Vigo) ou Fundicións Franco (Santiago). Declarada Biblioteca de Especial Interese para Galicia en 2012, constitúe un recurso valioso para a investigación sobre a nosa cultura e patrimonio cun amplo catálogo de referencias ao que se pode acceder tamén en liña.