Páxina web Grupo Chévere
- Formato/tipoloxía
O sitio web do Grupo Chévere foi concibido por Desoños con tres obxectivos: proxectar visualmente a filosofía da compañía teatral, garantir a facilidade de uso para o visitante e permitir unha administración áxil dos contidos. A estrutura articulábase en catro seccións principais (traxectoria do grupo desde o seu primeiro espectáculo en 1987, actualidade con axenda e carteleira, formulario de contratación e próximos eventos), concibidas para actualizarse de forma continua.
O proxecto desenvolveuse con Adobe Flash, o que permitiu ao equipo de Desoños acadar un resultado formal cunha estética próxima ao videoxogo, coherente co carácter irreverente e experimental dunha compañía responsable, entre outras achegas, das celebradas Ultranoites da mítica Sala Nasa en Santiago de Compostela.
O traballo foi seleccionado na II Bienal Iberoamericana de Deseño e incluído no “Web Design Index 9.0”, publicado pola editorial holandesa The Pepin Press, entre os mil mellores proxectos de deseño web do mundo daquel ano. Desoños contaba nese momento con outras dez mencións no mesmo índice, un dos referentes internacionais do sector.
- Créditos
-
Grupo Chévere (promotora)
- Fonte
-
Desoños
- Dereitos
-
© Desoños