Prototipo de celosía
- Formato/tipoloxía
- Dimensións
- 59 x 24,5 x 2 cm
A partir deste prototipo, o artista coruñés José María de Labra desenvolveu o conxunto de celosías do Pabellón de España na Feira Mundial de Nova York de 1964-1965, proxectado por Javier Carvajal. Labra, tamén director artístico do pabellón, levou a escala monumental a investigación das súas maquetas de madeira. No patio interior, unha celosía de madeira cun módulo repetido evocaba os patios da Alhambra. As celosías da feira xa non se conservan, pero si unha maqueta, que se puido ver na exposición Formas industriales (Galería José de la Mano, Madrid, 2021). Na Coruña consérvase un exemplar algo diferente, na sede da Real Sociedade Deportiva Hípica, obra de Andrés Fernández-Albalat (1966-1967), onde a celosía distribúe o espazo sen romper a súa fluidez. Labra realizou celosías para outros edificios, como o Real Automóvil Club, moitas delas aínda sen inventariar.
- Dereitos
-
Herdeiros de José María de Labra, Galería José de la Mano.
Fotografía: Arquivo Fotográfico Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía