Rexistro Sonoro do Deseño Galego
Natalia Crecente é licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, especializada en deseño e audiovisuais. Apaixonada pola tipografía, realizou cursos de doutoramento na Universidade de Barcelona e investigou sobre deseño gráfico coa tesina sobre Emil Rudolf Weiss e o fondo tipográfico Neufville-Bauer.
Comezou a súa carreira profesional no Grupo Revisión (A Coruña) e foi deseñadora gráfica na Universidade de Santiago, centrada en deseño web e multimedia. En 2006, cofundou o estudo Sond3 (Lugo), recoñecido con premios como o da II Bienal Iberoamericana de Deseño 2010.
É membro fundadora da asociación galega de deseñadores DAG e compaxina o seu labor docente na Escola de Arte Ramón Falcón co traballo en Sond3 e a súa tese doutoral sobre tipografía galega.
Pablo Honey (Pablo Blanco) é un deseñador galego. Naceu nunha aldea da Costa da Morte, creceu en Suíza e vive entre Nova York e Compostela.
Traballou nalgunhas das axencias e contas máis recoñecidas (R/GA, Nike, Camper, Fossil...). Traballa desde hai anos como xefe de deseño de Automattic, a empresa creadora de WordPress, a plataforma web que emprega case a metade do mundo.
Del aprendemos a importancia da curiosidade no deseño e a importancia de non darse tanta importancia. O deseño é tan importante canto é capaz de aportar á comunidade. Unha deseñadora ou deseñador non vale máis que un albanel ou unha profesora.
Tamén, grazas a el, sabemos que a subscrición da revista da School of Visual Arts de Nova York chega a Romelle sen problema.
Uqui Permui é directora de arte, deseñadora gráfica y UX. É tamén Profesora asociada en la USC e a responsable do estudo detrás de Uqui.net.
As dúas características que definen os proxectos nos que se involucran son, nas súas verbas, por un lado a implementación de estratexias de incitan a colaboración e, por outro, a activación da esfera pública.
Ricardo Tubío é un dos socios fundadores de Cenlitros, un estudio de clara orientación humanista que cree no deseño que vai máis aló da simple función práctica e que aborda tamén funcións de carácter emocional e social.
Durante case vinte anos, Cenlitros desenvolveu proxectos que van dende o deseño de produto, a gráfica, a embalaxe ou o deseño de espazos permanentes e efémeros.
Ao longo da súa traxectoria tivo a oportunidade de asinar proxectos que analizan e reflexionan sobre o ámbito creativo, técnico ou sociocultural.
Natalia Balseiro é investigadora, curadora e mediadora cultural. Desde fai máis de vinte anos deseña procesos e proxectos de arte, cultura, participación, innovación democrática, mediación e desenvolvemento territorial e sectorial desde a administración pública e como profesional independente a nivel local, autonómico, estatal e internacional.
Álvaro Valiño traballa como infografista para The Washington Post desde a súa cidade natal, A Coruña. É licenciado en Deseño Gráfico polo London College of Communication e foi Xefe do Departamento de Infografía do diario español Público.
Anteriormente traballou como freelance para clientes de todo o mundo como National Geographic Magazine, The Washington Post, The Guardian, Corriere della Sera, Science ou Revista Mongolia, entre outros. O seu traballo recibiu máis de 30 premios Malofiej, considerados como o Premio Pulitzer de gráficos de información. Impartiu seminarios de infografía en Madrid, Nova Delhi ou Kuala Lumpur e exerceu de revisor por pares para o Visible Language Journal. Foi coautor dun artigo publicado en Nature sobre Asociacións entre ciencia e arte gráfica para aumentar o impacto da investigación
Na actualidade, Álvaro tamén imparte clases de infografía, centrándose nas posibilidades comunicativas dos esquemas e a síntese gráfica no Máster en Visualización de Datos e Deseño da Información da escola online Elisava.
Gústalle o café, os documentais, os cómics, as bicicletas e conversar.