Bibliografía impresa

Segundo libro de tapas

Autoría
Luís Seoane
Editorial
Ediciones Bonino
Ano de publicación
1957
Disciplina
Deseño gráfico
Categoría
Editorial
Profesional do deseño
Luís Seoane
Tipo de publicación
Libro
Descrición
Segundo libro de tapas é unha colección de 26 estampas a cor que recollen o traballo de Seoane no deseño de cubertas de libros para a editorial Botella al Mar. Os textos que acompañan as ilustracións foron escritos por Eduardo Jonquières e polo propio Luís Seoane. Este volume publicado por Ediciones Bonino en 1957, continúa o traballo de catalogación comezado con "Libro de tapas" (1953). Ambos volumes recollen as cubertas que deseñou para a editorial Botella al Mar, que fundou xunto con Arturo Cuadrado en 1947. Estas publicacións destacan a importante contribución de Seoane á chamada idade de ouro da edición arxentina (1950-1960).

Queres contribuír?

Se queres enriquecer esta base de datos con información que cres que falta, só tes que cubrir un breve formulario.

Contribúe aquí