Almanaque Gallego
- Formato/tipoloxía
- Dimensións
- 22,5 x 16 cm
- Temática
- América e a emigración
Publicación anual fundada e dirixida por Manuel Castro López. Publicouse entre 1898 e 1927, ano do falecemento do seu director. A súa finalidade foi manter a relación entre as dúas Galicias: a europea e a creada en América pola emigración galega. Converteuse nunha referencia para ambas.
A publicación incluía un calendario do ano seguinte e numerosas colaboracións de autorías célebres, como Rosalía de Castro ou Eduardo Pondal. Os contidos, centrados en Galicia, incluían artigos sobre o papel exercido polos galegos na Arxentina, así como textos de historia, literatura, música, arte, costumes populares e lingua, xunto con numerosas colaboracións literarias. Contén abundantes fotografías de Galicia, retratos de personalidades galegas, gravados e reproducións artísticas. Inclúe tamén anuncios de establecementos comerciais e de compañías de navegación e buques. Está escrita en dous idiomas, con predominio do castelán, e presenza do galego nalgunhas colaboracións literarias.
- Créditos
-
Manuel Castro López (dirección)
Imprenta y Encuadernación de El Correo Español, Bos Aires
Talleres Gráficos Compañía General de Fosforos, Bos Aires
Talleres Gráficos Cursach, Bos Aires
Talleres Heliográficos de Ortega y Radaelli, Bos Aires - Dereitos
Relacionados - Arquivo do deseño
Almanaque de Orense para 1899
Libro “Catón galego”
Portada Partitura “Cantares Gallegos”