Colección Arqueoloxía/Memorias
- Formato/tipoloxía
- Dimensións
- 31 x 22 cm
Colección de memorias das intervencións arqueolóxicas publicadas polo Servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia entre 1985 e 1988. Existen alomentos 10 números, que contan con extensións diferentes dependendo do contido, varía dende as 50 páxinas das memorias máis breves ata as 170 das máis longas. Inclúe información sobre campañas arqueolóxicas en distintos puntos de Galicia entre 1983 e 1985.
Esta colección foi deseñada polo estudio Permuy en Santiago de Compostela. O texto vai maquetado a dúas columnas e son numerosas as páxinas ocupadas completamente por ilustracións, fotos ou infografías. As portadas repiten unha estrutura clara, coa fotografía recortada dunha ou varias pezas da excavación como protagonista. A cor de fondo vai cambiando en cada número. Título, autoría, e fotografía van enmarcados con dúas faixas, unha negra na parte superior e outra amarela na parte inferior. Os filetes que separan as liñas de texto na portada aparecerán tamén como recurso gráfico nos títulos de sección das memorias.
- Créditos
-
Edición: Xunta de Galicia
- Dereitos
Relacionados - Arquivo do deseño
Logotipo do Consorcio de Santiago
Logotipo Xunta de Galicia
Cartel “Plántate. Vive sen tabaco”