Armario libraría Cervigón
- Formato/tipoloxía:
- Dimensións:
- 170 x 190 x 42 cm
- Produción:
- Hijos de Emilio Cervigón Carreras
- Materiais:
- Raíz de érbedo Caoba Madeira
Este armario libraría art déco que integra un conxunto de tres pezas —con escritorio e sillón— encargado á casa Cervigón para o despacho dunha vivenda sita no nº22 do Cantón Pequeno da cidade da Coruña.
“Nas tres pezas utilizouse madeira de caoba maciza para as estruturas e interiores, mentres, as superficies exteriores van cubertas con chapa de raíz de érvedo. A combinación de madeiras nobres e exóticas confire ao conxunto cualidades decorativas e un aspecto luxoso que se perciben con maior nitidez na simplicidade das formas e a composición, a base de volumes xeométricos.
As frontes curvas dos laterais do armario son dúas portas e o corpo central tamén é un espazo de almacenamento, de maneira que só se deixa unha balda á vista para libros ou obxectos decorativos. Esta composición, na que predominan os espazos pechados, respondía ás necesidades do destinatario que, aínda que enxeñeiro industrial de profesión, administraba as propiedades da familia en Arxentina, e necesitaría arquivar documentos e almacenar todo tipo de papelame.
A funcionalidade está presente ata nos mínimos detalles, como o pequeno espazo destinado a moble bar que atopamos no interior e que está pensado para as ocasións nas que o despacho se usa como lugar de recepción.”
Texto: Barro Rey, I. (2015), “Cervigón: lujo art decó en Galicia. Res Mobilis”, 4(4), 203–210 (traducido)
- Fonte:
-
Colección privada. A Coruña
- Dereitos:
-
Fotografía e texto: Isabel Barro Rey CC-BY 4.0
Relacionados - Arquivo do deseño
Tapa de sumidoiro A Coruña
Cartel de Baiona
Mesa escritorio Cervigón