UOU!
- Formato/tipoloxía
- Material
- vimbio
Mentres estudaba Deseño Industrial en Barcelona, o interese por traballar con materiais naturais e procesos de produción sustentables no mobiliario levou a Julia de la Cal á cestería. UOU! foi o proxecto final dos seus estudos na Escola Massana: unha revisión da clásica mecedora, deseñada e realizada en cestería.
Inspirada nas formas naturais dos niños de ave, UOU! recupera técnicas artesanais e remite a formas sinxelas e materiais naturais para crear unha peza que evoca a idea de protección e refuxio no seo materno. Permite que o corpo adopte unha postura intermedia entre sentado e deitado. Feita completamente á man, a súa forma paraboloide xera movementos combinados de balanceo e rotación que posibilitan desprazar o peso para oscilar sen envorcar.
O uso experimental das técnicas artesanais de cestería no deseño levou á autora a descartar a sucesión matemática en favor de formas azarosas e caóticas, respectando os principios que garanten que a estrutura sexa estable e resistente.
O proxecto foi seleccionado en diversos premios de deseño, como as Medallas ADI’12 da Asociación de Deseño Industrial ADI-FAD ou o Mércate d’Idees do BCD (Barcelona Centro de Deseño), en 2011.
- Fonte
- Dereitos
-
© Julia de la Cal, La Parabólica
Relacionados - Arquivo do deseño
V&A Chairs
Cadeira antropomórfica e mesa
Mesa escritorio Cervigón