1476-libro-biblia_kennicott-ibn_zabarah-ibn_hayyim-aberta-439v_440r
1476-libro-biblia_kennicott-ibn_zabarah-ibn_hayyim-aberta-438v_439r
1476-libro-biblia_kennicott-ibn_zabarah-ibn_hayyim-aberta-443v_444r
1476-libro-biblia_kennicott-ibn_zabarah-ibn_hayyim-aberta-446v_447r
1476-libro-biblia_kennicott-ibn_zabarah-ibn_hayyim-aberta-453v_e_interior_contra
1476-libro-biblia_kennicott-ibn_zabarah-ibn_hayyim-fol_6r
1476-libro-biblia_kennicott-ibn_zabarah-ibn_hayyim-fol_3r
Formato/tipoloxía:
Dimensións:
30 x 23,5 cm

Esta é unha copia manuscrita da Biblia hebrea realizada na cidade da Coruña en 1476. É unha das obras máis fermosas e refinadas da ilustración medieval, considerada o manuscrito sefardí máis luxosamente iluminado do século XV.

Foi creada polo calígrafo Moisés Ibn Zabarah e iluminada por Joseph Ibn Hayyim, dous mestres que traballaron en estreita colaboración. O resultado é unha peza de gran harmonía entre texto e imaxe, onde as decoracións das marxes e dos espazos entre columnas integran perfectamente a escritura. A obra está escrita con tinta castaña en letra cursiva sefardí, disposta en dúas columnas de trinta liñas.

Descuberta no século XVIII, foi descrita por expertos —entre eles o historiador Carlos Barros— como o manuscrito relixioso máis importante da Idade Media galega. A obra completa pode ser consultada na páxina web das Bodleian Libraries da Universidade de Oxford.

Fonte:

Bodleian Libraries, University of Oxford

1476-libro-biblia_kennicott-ibn_zabarah-ibn_hayyim-aberta-439v_440r

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos