Cuberta “La tragedia del Caballero de Santiago”

Formato/tipoloxía

Unha das cubertas mellor acabadas das que Maside realizou na súa estadía en Madrid é a desta novela de ambientación compostelá do autor pobrense Victoriano García Martí. Ao igual que noutra cuberta realizada nese mesmo ano, a de "Viaxe e fin de Don Frontán" (Editorial Niké), Maside xoga coa simetría e o só tres cores alternadas, poucos elementos pero moi efectistas. As luces e sombras nuns soportais debuxados en forzada perspectiva xeométrica acentúan o dramatismo e o misterio da escena, que presenta en primeiro plano o corpo xacente do personaxe principal, caracterizado con toga coa cruz de Santiago e barrete. Como bo coñecedor do traballo das vangardas europeas, pode conectarse a composición coa pintura metafísica de Giorgio de Chirico, aínda que perfectamente traída ao local. O título da obra, aínda que non pisa a ilustración, mantén a unidade coa alternancia simétrica das cores, e engade asimesmo algúns elementos da chamada "letra galega ", sinaladamente nas formas do E e o A.

Créditos

Victoriano García Martí (autor)
Renacimiento / C.I.A.P. (editorial)
Tipografía Yagüe (imprenta)

1930-cuberta-tragedia_caballero_santiago-CarlosMaside

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos