Cadeira antropomórfica e mesa
- Formato/tipoloxía:
- Dimensións:
- Cadeira: 83,5 x 60 x 45 cm Mesa: 59,5 x 70 x 39,5 cm
- Serie:
- Sargadelos
- Materiais:
- Madeira de castiñeiro Ferro
Este mobiliario, que se atopaba nas galerías Sargadelos, está feito con madeira de castiñeiro e ferro. Mantendo unha estrutura de elementos clásicos —4 patas, asento, respaldo e brazos— Isaac Díaz Pardo busca e consegue unha cadeira innovadora, un moble que parece “debuxar” unha figura humana. Unha obra rudimentaria e escultural na que se pode sentar. A columna vertebral —cun par de costelas— é de ferro; e a cabeza, brazos e patas están feitas con madeira de formas redondeadas. A mesa, tamén de madeira e ferro, presenta un deseño no que todas as liñas son curvas. Unha proposta novidosa para a época, que non pasa desapercibida aínda que semelle non ocupar espazo.
A maneira na que Isaac aborda e traballa os materiais, a ensamblaxe, as proporcións —e desproporción— das partes, semellan remitir a códigos máis orgánicos ca sofisticados.
- Dereitos:
-
CC BY-NC-ND 3.0 ES
Fotografía: AR\DE
Relacionados - Arquivo do deseño
Mesa PYMA
Mesa escritorio Cervigón
Mesa Cordón
Armario libraría Cervigón
Relacionados - Recursos
Galicia. O deseño como motor
- David Barro , Pepe Barro , Carmela Montero , Cibrán Rico López , Isaac Díaz Pardo , María Luisa Sobrino Manzanares , Suso Vázquez Gómez e Marcos Dopico
- 2018
ABC–Deseño. Diccionario do deseño e da innovación en Galicia
- David Barro , Carmen Verdú e Sara Donoso
- 2022