Cartel “SI é o que debe pór todo bon galego cando vote o Estatuto”
- Formato/tipoloxía:
- Dimensións:
- 42,5 x 30 cm
Con só quince anos, o estudante de bacharelato Isaac Díaz Pardo participa activamente na campaña a favor do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936. A campaña de carteis estaba dirixida polo seu pai, Camilo Díaz Baliño, e a contribución de Díaz Pardo inclúe 5 pezas. Este cartel, sen sinatura, conta cunha paleta cromática reducida, busca maximizar o impacto visual e asegurar a lexibilidade desde a distancia. Este uso económico da cor reforza a mensaxe política, que debía ser clara, memorable e facilmente comprensible para públicos moi diversos. A retirada e destrución dos carteis nos primeiros meses da Guerra Civil dálles hoxe un valor histórico aínda maior. Foron testemuño da cultura política e artística da Galicia republicana.
- Créditos:
-
Gráficas Roel (impresión)
- Fonte:
- Dereitos:
-
Imaxe © Museo de Pontevedra
Relacionados - Arquivo do deseño
Cartel Festas do Apóstolo en Santiago de Compostela
Periódico “Semanario Instructivo”
Revista “El Recreo Compostelano”