Mapa “Descripcion del Reyno de Galizia”
- Formato/tipoloxía
- Dimensións
- 37 x 48 cm
Este foi un dos primeiros mapas independentes de Galicia, informaba da antiga extensión do reino. Foi publicado por primeira vez en 1603, no atlas Theatrum Orbis Terrarum de Abraham Ortelius. A escala do mapa é aproximadamente 1:876.000, en leguas españolas [8=5,8 cm]. Nas imaxes vemos varias reproduccións. Aparecen representadas embarcacións da época, un monstro mariño, catro anxos que portan un libro con pentagramas e o escudo galego. As marxes están graduadas e inclúe referencias de montes e hidrografía. As cidades aparecen indicadas segundo a súa importancia.
- Créditos
-
Abraham Ortelius (gravador)
Jan Baptista Vrients (editor)
Impreso en Amberes - Dereitos