1944-Maquina_Refrey-Autoria_descoñecida

Máquina de coser Refrey CL-306

Materiais:
Ferro Aceiro

Máquina de coser de cor verde pino con logotipos e elementos decorativos en dourado. O modelo que compartimos é o CL-306, un dos máis icónicos da marca.
Refrey nace nun estaleiro de Vigo, cando en 1943, Manuel Ramón Freire decide abandonar a empresa familiar para iniciar unha nova aventura. En 1943, tras obter a patente dunha “máquina de coser en zig zag de gran velocidade con lanzadeira rotativa”, funda a fábrica de Bouzas. O primeiro prototipo é exhibido con gran éxito na “Exposición Industrial de Galicia” de 1944. No ano 1949 prodúcense as primeiras unidades. Na fábrica chegaron a traballar 500 persoas e alcanzou un volume de ventas de 30.000 unidades ao ano. As máquinas Refrey vendíanse en España, pero tamén noutros países como Chile ou Venezuela. Eran máquinas de gran calidade, feitas de ferro, aceiro e incluso bronce para algunhas pezas. A marca foi moi popular no ámbito doméstico, pero a súa faceta industrial foi ainda máis próspera. A comezos dos anos 70, dous terzos das máquinas de coser industriais españolas eran Refrey. A fábrica Regojo, en Redondela, era o lugar onde se probaban as innovacións que se querían incluir nos últimos modelos. A empresa contribuiu a formar man de obra cualificada e favoreceu o desenvolvemento téxtil en Galicia.

Fonte:
1944-Maquina_Refrey-Autoria_descoñecida

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos