Motor Barreiros EB-6
- Formato/tipoloxía:
- Dimensións:
- 97 x 99 x 63 cm
- Produción:
- Barreiros Diesel S.A.
Motor diésel de 4800cc e 6 cilindros en liña, con 90 CV a 2500 rpm. Fabricado en aliaxes de ferro e aceiro. O motor EB-6 nace da necesidade e do enxeño de Eduardo Barreiros. Nos anos 50, ante o prezo ascendente da gasolina e a imposibilidade de transformar a diésel os motores de gasolina dos camións e maquinaria necesarios para a súa actividade empresarial, Barreiros decide fabricar a súa propia altenativa. O taller familiar en Ourense axiña queda pequeno para atender as numerosas peticións de conversión dos motores. En 1951, Barreiros traslada a produción a unha factoría en Villaverde (Madrid), e é alí onde deseña e pon a punto o novo motor EB-6, destinado a camións de entre 5 e 7 toneladas, pero que tamén servía para tractores agrícolas ou turismos americanos.
Este motor, que se presentaba como “El motor español”, foi o primeiro dunha longa lista de éxitos. Barreiros foi un visionario e un traballador incansable, que nunca deixou de explorar e abrir camiños novos.
- Fonte:
- Dereitos:
-
Fundación Eduardo Barreiros
Relacionados - Arquivo do deseño
Máquina de coser Refrey CL-306
Prato Sargadelos
Caixa de ovos Pazo de Vilane