Peitoral de Vieira

Formato/tipoloxía
Dimensións
71x41mm

Variedade particular do pendentif sequilé con grande orixinalidade e inédita tipoloxía. A forma de vieira presupón un vínculo co rococó, aínda que probablemente produciuse na época romántica. Con clara afirmación compostelá, debemos reparar na ampla variedade de elementos decorativos e o seu uso con diferente escala: catro tipos de margaridas, vieiras, puntas de diamante, lanzas e améndoas. É tamén innovador o tratamento técnico asociable aos modos rococós: o trato dos gallóns. as volutas e as rocallas, así como a incrustación floral. A estrutura compositiva tamén é anovadora, por tanto non xira en torno a un elemento central, que deixa de ser a referencia argumental para liderar a decoración desde unha xerarquía compartida. Non existe unha acumulación de motivos, senón que estes se distribúen conforme a masas asimétricas moi compensadas. Situamos este particular modelo nos comezos do s. XIX, baseándonos en que está punzoado, o que coincide coas ordenanzas destas datas que esixían estas formalidades.

 (Descrición de Fernando Martínez Vilanova) 

Dereitos
XIX-peitoral_vieira

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos