Peitoral “sapo” maior de tres corpos
- Formato/tipoloxía
- Dimensións
- 96x55mm
- Material
- Prata sobredourada
Na ourivería galega, o peitoral tradicional é o chamado sapo, constituído por ata tres corpos móbiles. Xoia galega por excelencia grazas á súa variedade, riqueza decorativa e compromiso estético. A súa filiación cos modos do Barroco compostelán e as virtudes profilácticas e morais que recibe do Agnus Dei van darlle unha difusión amplísima. Nel sobrevive unha visión pagá do relixioso ancestral. A súa independencia e aceptación é tan firme que aparece como paradigma deste artesanado.
O seu nome procede dunha interpretación popular do que se denominaba pelicano ou galápago no século XVII. Estas denominacións veñen suxeridas por factores de índole relixioso (pelicano) e pola semellanza coas formas acoirazadas das tartarugas. Galápago aparece reflectido en diversos documentos da súa época, máis o termo nunca foi aceptado por inintelixible e substituíuse popularmente por sapo.
Este modelo é unha peza de gran tamaño e efecto con superposición estructural de elementos vexetais moi naturalistas. As diferentes superficies están perfectamente proporcionadas, ofrecendo unha composición moi equilibrada na liña barroca do efecto pantalla.
(Descrición de Fernando Martínez Vilanova)
- Dereitos
-
Orixinal: Museo de Pontevedra
Foto: ©Museo de Pontevedra - Bibliografía:
- A ourivería tradicional en Galicia
Relacionados - Arquivo do deseño
Peitoral de Vieira
Brincos de xirándole e cruceta
Brincos de raiña con crecente luar
Brincos de raiña ou morcego
Relacionados - Recursos
Con-fío en Galicia
- Olivia Fernández Feijóo , Rocío Sánchez Ameijeiras , Elvira Lindoso Tato , Francisco Javier Rodríguez García , Manuel Rodríguez Calviño , Juan M. Monterroso Montero , Pepe Barro , Pegerto Saavedra Fernández , Belén Sáenz Chas , Raquel Casal García , Miguel Anxo Seixas Seoane , Nuria Carballo Taboada e Lola Dopico Aneiros
- 2016