1923-anuncio_masso-Federico_Ribas-01

Publicidade Conservas Massó

Formato/tipoloxía:
Dimensións:
58,9 x 35,1 cm

Este anuncio foi unha das pezas que Federico Ribas deseñou para a súa primeira campaña publicitaria de Massó. O anuncio publicouse por primeira vez no “Catálogo de Vigo (Vigo a través de un siglo)” editado por P.P.K.O.
Na imaxe, en branco e negro, aparece unha parella de mediana idade e clase social alta vestida elegantemente. O home sostén unha lata de conservas Massó e o can que os acompaña sostén outra na boca. En primeiro plano aparece unha lata co logotipo de Massó na tapa e debaixo un texto informativo. Lemos o nome de cinco marcas que se usaban na comercialización das conservas: Massó, Le Drapeau, El Porrón, Cosmopolite e Kayrel.

Créditos:
Massó Hermanos (anunciante)
Fonte:

Orixinais: Museo do Pobo Galego
Dixital: Galiciana, Biblioteca Dixital de Galicia

1923-anuncio_masso-Federico_Ribas-01

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos