Ilustradores galegos de preguerra (1880-1936)
- Autoría
- Mercedes Bangueses Vázquez
- Editorial
- Instituto de Estudios Vigueses
- Ano de publicación
- 2010
- ISBN
- 978-84-89599-44-0
- Disciplina
- Deseño gráfico
- Profesionais do deseño
- Máximo Ramos Felipe Bello Piñeiro Manuel Bujados Cándido Fernández Mazas Lolita Díaz Baliño Álvaro Cebreiro Camilo Díaz Baliño Alfonso Daniel Rguez. Castelao María Cabo Federico Ribas Montenegro Adolfo Domínguez Manuel Torres Luís Seoane Carlos Maside Manuel Abelenda
- Tipo de publicación
- Libro
- Descrición
- O labor desenvolvido en Galicia para fomentar a difusión do libro ilustrado, evidencia a importancia que se lle atribuía como elemento capaz de chegar á maioría da poboación, e como medio idóneo para trasmitir ideais políticos, culturais e pedagóxicos. Considerando os precarios medios económicos e técnicos que existían no primeiro terzo do século XX en España en xeral, e en Galicia en particular, é necesario destacar o empeño dalgunhas imprentas, talleres de prensa e editoriais por apoiar a realización dun número importante de libros ilustrados... As artistas reconducirán a súa labor para conseguir ilustracións de grande calidade. Cándido Fernández Mazas, Castelao, Carlos Maside, Lolita Díaz Baliño, Manuel Méndez ou María Cabo, estes son algúns dos nomes que aparecen destacados nesta publicación.