Somerxible Sanjurjo
- Formato/tipoloxía:
- Dimensións:
- 5,31 m (eslora) 3,75 m (puntal) ø 1,12 (cilindro vertical)
- Produción:
- La industriosa, Vigo
- Material:
- Aceiro aliado de alta resistencia
A forma do somerxible Sanjurjo non é a dun submarino, e o seu nome orixinal é “boia lanzaminas”. Non ten forma de bote como o de Cosme García, nin de cetáceo como o de Monturiol, tampouco de fuso como o de Peral. É coma unha gran cruz feita con dous cilindros: un vertical para o corpo central —máis curto e de maior diámetro— e outro horizontal dividido en dous corpos laterais, que termina en punta nun dos extremos.
Está deseñado para ser propulsado manualmente, a través dunhas engrenaxes que comunican o seu movemento á hélice da proa. Cun peso de 1,9 toneladas e 4,25 toneladas de desprazamento, pode alcanzar 2 nós de velocidade. A súa cota de inmersión é de 20 metros, cunha autonomía de 5 horas.
No corpo central está o habitáculo, preparado para unha dotación de tres tripulantes. Nunha cabina na parte superior está o zapón de entrada, con catro miras laterais e outra na parte máis alta, que serven para que o capitán poida ver e situarse. Na parte máis baixa do somerxible hai un tanque de arrastre cunha válvula ao fondo. A hélice é de tres pas e está na proa. No extremo oposto —na popa— atopamos o temón de dirección e unha aleta activa. Na torreta hai dúas aletas fixas para facilitar a estabilidade vertical, e outras dúas nos laterais para poder virar, incluso estando parado.
As dúas minas son minas de contacto, de 100 libras de explosivo cada unha. Están enganchadas a unhas perchas de 13 metros de longo na proa e na popa, que foron inventadas polo propio Sanjurjo para armar a súa boia.
O “Sanjurjo” foi deseñado para defender as costas dun posible ataque dos Estados Unidos durante a guerra de Cuba. Grazas á firma do armisticio, nunca se chegou a usar.
- Fonte:
- Dereitos:
-
Fundación Museo do Mar de Galicia
Relacionados - Arquivo do deseño
Lancha de motonáutica SE-329
Motor Barreiros EB-6
Prato Sargadelos
Figura As San Lucas
Relacionados - Recursos
Sargadelos recuperado. O Laboratorio de Formas 40 anos despois
- Andrés Varela , Francisco Díaz-Fierros Viqueira , Juan Ramón Vidal Romaní , Antón Patiño , Xosé Manuel Beiras Torrado e Camilo Díaz Arias de Castro
- 2008
Galicia. O deseño como motor
- David Barro , Pepe Barro , Carmela Montero , Cibrán Rico López , Isaac Díaz Pardo , María Luisa Sobrino Manzanares , Suso Vázquez Gómez e Marcos Dopico
- 2018