Traxe das Mariñas coruñesas Ballet Rey de Viana
- Formato/tipoloxía:
- Produción:
- Xastras Ballet Rey de Viana
Traxe masculino das Mariñas coruñesas, confeccionado e deseñado para o Ballet Rey de Viana. Este conxunto era o que utilizaba o grupo de gaiteiros, que acompañaba musicalmente a bailaríns e bailarinas nas súas actuacións. Temos referencias do uso destes traxes xa nos anos 60, nunhas postais de promoción turística da cidade de A Coruña. Tamén aparecen posteriormente en actuacións do anos 70.
O Ballet Rey de Viana contaba con un equipo de xastras que confeccionaban todos os traxes da compañía. As primeiras referencias que atopamos cos seus nomes mencionan a Maruja Reimúndez, Gelines Martínez, Josefa Eiroa, Cristina Cordido e Magdalena Muinelo. Aínda que descoñecemos se estas xastras participaron no deseño das prendas que destacamos nesta ficha, mencionamos e incluímos os seus nome para destacar a súa labor dentro da compañía. A maioría de traxes do ballet estaban inspirados en traxes tradicionais, aínda que hai algunhas excepcións nas que o deseño de vestiario aparece asinado por Victoria Canedo e José Manuel Rey de Viana, fundadores da compañía.
O Ballet Galego Rey de Viana nace no ano 1949, creando un repertorio de coreografías propias con referencias a danzas populares, lendas e tradicións. As influencias históricas tamén se trasladaban á indumentaria e ao vestiario, que identificaban con distintas zonas de Galicia. A súa primeira actuación foi na cidade de A Coruña, en 1955. A compañía tivo unha longa traxectoria e contou co soporte das institucións públicas. No ano 2005 extínguese, pouco antes de que desaparecese tamén o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, do que dependía nese momento.
- Fonte:
-
Fotografía do Museo das Mariñas. Peza actualmente custodiada polo Concello de Curtis.
- Dereitos: