Carteis galegos (A Coruña). 1982–1986
- Ligazón
- www.flickr.com
- Tipo de publicación
- Álbum web
- Profesionais do deseño
- Alberte Permuy Bernardo Saavedra Pita Xesús Campos Pedro Muíño Xaquín Marín Xoán Piñón Calros Silvar Alfonso Sucasas Xaime Cabanas Laxeiro Xosé Díaz Arias de Castro Pepe Barro Ventura Cores
- Categoría
- Publicidade e gráfica aplicada
- Disciplina
- Deseño gráfico
- Edita
- Biblioteca Pública da Coruña M. González Garcés
- Descrición
- A Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés, grazas á normativa de Depósito Legal, é depositaria dende 1958 dun exemplar dos materiais impresos na provincia da Coruña. Entre as publicacións obxecto de Depósito Legal: libros, revistas, periódicos, materiais audiovisuais, gráficos…, encóntranse os carteis. A mediados da década do 2000 a Biblioteca realizou unha selección de case 900 carteis, entre os máis de 5.000 que conserva, que logo dixitalizou e enlazou ao seu Catálogo bibliográfico. Co fin de mellorar a visibilidade e difusión destas imaxes móstranse tamén a través de 5 álbums na plataforma Flickr. As pezas gráficas incluidas nesta colección foron realizadas entre o ano 1982 e o 1986.