Recursos audiovisuais

Conversa con Pepe Barro sobre o deseño das caixas de Pazo de Vilane

Ligazón
youtu.be
Ano
2025
Edita
Pazo de Vilane
Disciplina
Deseño gráfico
Categorías
Envase Identidade
Profesional do deseño
Pepe Barro
Estudios de deseño
A navalla suíza Grupo Revisión
Descrición
Conversa en Pontedeume entre Nuria Varela-Portas, directora de Pazo de Vilane, e Pepe Barro, deseñador das icónicas caixas de ovos para a marca. O deseño, que naceu no ano 1997, perdura no momento da entrevista, 30 anos despois. Na gravación Pepe conta algúns detalles do proceso creativo do proxecto. Ambos comparten información sobre a orixe, ideas e desenvolvemento dun deseño que demostrou ser atemporal; unha gráfica que pasou a ser parte esencial da identidade da marca, non só para a empresa senón tamén para as persoas consumidoras.