Os catálogos de fundición artística. O caso de Alemparte na Estrada
- Autoría
- Carmela Sánchez Arines
- Ligazón
- www.miscelanea.aestrada.gal
- Tipo de publicación
- Artigo
- Categoría
- Produto
- Disciplina
- Deseño industrial e de produto
- Descrición
- En Europa, a existencia de catálogos de arte nas fundicións de ferro e bronce vai parella ao do nacemento das propias factorías. Porén, no territorio galego, malia a tradición fabril que houbo, non se coñecen moitos exemplos. Un deles é o da Fundición Alemparte, unha das máis importantes da provincia de Pontevedra entre finais do XIX e mediados do XX. Situada no Carril, concello independente ata 1913, o seu traballo espallouse por boa parte da península. Na Estrada, podemos ver a súa pegada na arquitectura, principalmente en balcóns, varandas e baixantes.