Cartel sindicatos galegos 1 de maio de 1987
- Formato/tipoloxía
- Temática
- Gráfica política e sindical
Cartel deseñado para animar á mobilización no Día do Traballo. Os seus promotores foron tres sindicatos galegos: Comisións Obreiras (CC.OO.), a Confederación Xeral de Traballadores Galegos (CXTG-IN) e a Intersindical Nacional de Traballadores Galegos (INTG). Estes dous últimos uníronse para crear a Confedereción Intersindical Galega (CIG) en 1994.
A gráfica utiliza unha única cor, a vermella, que invita á acción e que se identifica claramente coa loita obreira. O texto, que se estrutura en liñas diagonais, parece estar escrito con rotulador. Moi probablemente é a reprodución de letras estritas a man. En grande, moi destacado, aparece o número 1, acompañado polo ordinal. Vemos “1º maio” pero a elisión no evita que leamos “Primeiro de maio”. Debaixo, en minúsculas, aparece unha chamada a manifestarse: “mobilicémonos en defensa dos nosos dereitos e de Galicia”. Na esquina inferior dereita —xa con tipografía— figuran as iniciais dos tres sindicatos, e na parte superior o ano, 1987.
- Créditos
-
CC.OO, CXTG-IN, INTG (promotores)
- Fonte
-
Orixinal: Arquivo Histórico da Fundación 10 de Marzo. Fondo Manuel Amor Deus
Dixital: Galiciana Arquivo Dixital de Galicia - Dereitos
-
CC BY-NC-ND 4.0 Fundación 10 de Marzo
Relacionados - Arquivo do deseño
Cartel de Baiona
Cartel “Anque chova, vota”
Cartel “Xove Nuclear Non”