Bancos Alameda de Santiago
- Formato/tipoloxía:
- Produción:
- Fundición Antonio Alemparte (Carril)
Bancos graníticos con respaldo de fundición. A base de pedra rectangular consta de dúas partes unidas entre si, que se elevan sobre tres bloques transversais tamén de pedra. O respaldo de ferro sitúase no centro da base, creando un espazo a cada lado para sentarse. O delicado traballo de fundición crea unha estrutura lixeira na que atopamos motivos vexetais —máis vistosos no medallón central—, as figuras de catro querubíns tocando a flauta e o laúde, e catro figuriñas de animais. O respaldo vai unido á pedra con catro brazos de ferro fundido, que tamén reproducen motivos vexetais e funcionan como elementos de apoio e soporte.
- Dereitos:
-
Fotografía: Carlos de Paz CC BY-SA 2.0
Relacionados - Arquivo do deseño
Rótulo Cafetería Gaiola
Tapa de sumidoiro A Coruña
Wonenburger, S.A.
\
ca. 1930
Máquina de coser Refrey CL-306
REFREY
\
c. 1950
Enreixado e varandas Parque do Pasatempo
José Fernández Montero
\
1893–1914