Rótulo Cafetería Gaiola
- Formato/tipoloxía:
- Produción:
- Maroño y Seoane
- Material:
- Ferro
A rotulación da Cafetería Gaiola, que abría as súas portas no mes de abril de 1964, permanece hoxe —en 2025— pendurado da fachada do local na Rúa Bautizados 1 e na Praza de Fuenterrabía 5, en Santiago de Compostela. Cada un dos rótulos consta de 3 elementos, a estrutura que se estende dente a parede, a caixa superior co texto CAFETERÍA, e a gaiola colgante co texto GAIOLA na súa base. Sabemos que Ventura Cores foi o deseñador do espazo, o que non sabemos é canto tivo que ver no deseño destes rótulos. Entendemos que, cando menos, foi artífice da súa ideación, como parte da identidade da cafetería. O que tamén temos claro e que no caso da rotulación con forxa, a propia técnica e o proceso de fabricación ten moito que ver coa experiencia e coñecementos de quen executa a peza. Un anuncio do 25 abril de 1964 en El Corrreo Gallego —ilustrado polo mesmo Ventura Cores— menciona que “Maroño y Seoane” foi a encargada da cerrallaría artística. Sobre esta empresa sabemos que en agosto de 1961, Antonio Maroño e Santiago Seoane montaron en sociedade unha pequena forxa na rúa San Clemente; anteriormente traballaran nas forxas do mestre Jenaro Tarrío Loureiro.
- Créditos:
-
Ventura Cores (deseño de interiores)
Maroño y Seoane (cerrallaría artística e carpintería metálica) - Fonte:
-
Foto 1, Aldara Cidrás, Compostela (etno)gráfica
Anuncio, El Correo Gallego (1964 abril 25), vía Galiciana Biblioteca Dixital de Galicia - Dereitos:
-
Foto 1, Aldara Cidrás © Compostela (etno)gráfica
Anuncio, CC BY-NC-ND 4.0
Relacionados - Arquivo do deseño
Máquina de coser Refrey CL-306
Enreixado e varandas Parque do Pasatempo
Cociña económica Malingre TIPO 3, MODELO 1