Cabeceira “La Región”
O primeiro número deste periódico está acampañado no arquivo dun prospecto no que se presenta a publicación, describre as condicións das suscricións, informa do tipo de contidos que se publicarán e tamén inclúe unha descrición da propia imprenta. Nesta presentación da Imprenta La Región, presente na imaxe do prospecto que compartimos, pode lerse o seguinte: “Dispone LA REGION de taller tipográfico propio y empleará en la impresión tipos perfectamente claros y legibles (..) cuentan nuestros talleres con la dirección y regencia de un tipógrafo orensano, venido al efecto de Paris, en cuya capital y otras del extranjero perfeccionó durante largo tiempo sus conocimientos y práctica profesionales.”
Descoñecemos se as letras desta cabeceira foron debuxadas para o xornal ou pertenceron a unha tipografía existente no momento. Os remates robustos, as formas alongadas e o contraste invertido dos trazos conectan co estilo tipográfico do Vello Oeste. O que sorprende do seu deseño son as puntas afiadas que saen dos trazos habitualmente curvos de letras como o G, o O ou o R. A silueta do acento gráfico —sobre o O— podería indicar que se trata dunha tipografía, e non de letra debuxada, pois a súa forma é máis propia dunha coma. Podería ser que a tipografía non incluíse acentos e se utilizase o signo da coma como substituto.
- Créditos:
-
Manuel Cambón (director)
- Fonte:
-
Orixinal: Biblioteca da Deputación de Ourense
Dixital: Galiciana, Biblioteca Dixital de Galicia - Dereitos:
Relacionados - Arquivo do deseño
Cadernos caligráficos
Cuberta “O vento segrel”
Periódico “Las Musas del Lérez”