1963_2025-Cabeceira_revista_Grial-Autoria_descoñecida-n1
1963_2025-Cabeceira_revista_Grial-Autoria_descoñecida-n101
1963_2025-Cabeceira_revista_Grial-Autoria_descoñecida-n157
1963_2025-Cabeceira_revista_Grial-Autoria_descoñecida-n225_226

Cabeceira revista “Grial”

Autoría descoñecida \ 1963–actualidade\ Deseño gráfico
Formato/tipoloxía
Dimensións
15,5x23 cm

“Grial” é unha revista cultural galega de referencia, fundada en 1963, que se publica de maneira continuada ata a actualidade. A colección “Grial”, pechada pola censura franquista tras a publicación de catro números, constitúe o seu principal antecedente.

A revista foi impulsada pola Editorial Galaxia e polo grupo intelectual que a rodeaba, entre os que se atopan Francisco Fernández del Riego e Ramón Piñeiro, directores da publicación ata o número 100. “Grial” concibiuse como un espazo de reflexión plural sobre literatura, filosofía, historia, ciencias sociais e pensamento contemporáneo, consolidándose como un foro intelectual central do galeguismo cultural no tardofranquismo, a Transición e a democracia.

A súa continuidade convértea nunha das publicacións culturais máis estables e influentes da historia contemporánea de Galicia.

No relativo á cabeceira, o deseño en letra debuxada ex profeso, inspirado na xilografía, rexeita a perfección comercial para sinalar a autenticidade intelectual e artística da vangarda, en consonancia coa obra de deseñadores como Henryk Tomaszewski ou Ben Shahn.

Cómpre salientar a escasa variación da cabeceira ao longo das décadas. A súa persistencia funciona como elemento identitario. Ata o número 100 mantense o deseño orixinal a unha soa tinta. En 1989, a partir do número 101, Carlos Casares asume a dirección da revista xunto cun novo consello de redacción. Esta nova xeira reflíctese no deseño da cabeceira coa introdución da cor verde e do trazo negro.

No ano 2003, tras o falecemento de Carlos Casares, iníciase unha terceira xeira cunha dirección compartida por Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo, que se reflicte no engadido da liña “Revista galega de cultura” e na enmarcación da cabeceira nun rectángulo, deseño que se mantén ata a actualidade.

1963_2025-Cabeceira_revista_Grial-Autoria_descoñecida-n1

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos