1983_1991-Cabeceira_Andaina-Deseño_colectivo-n00
1983_1991-Cabeceira_Andaina-Deseño_colectivo-n01
1983_1991-Cabeceira_Andaina-Deseño_colectivo-n04
1983_1991-Cabeceira_Andaina-Deseño_colectivo-n05
1983_1991-Cabeceira_Andaina-Deseño_colectivo-n10
1983_1991-Cabeceira_Andaina-Deseño_colectivo-n11
1983_1991-Cabeceira_Andaina-Deseño_colectivo-n12
1983_1991-Cabeceira_Andaina-Deseño_colectivo-n20

Cabeceiras “Andaina. Revista do movemento feminista galego” (primeira época)

Formato/tipoloxía:
Dimensións:
Nº0–1: 31,5 x 21,5 cm. Nº2: 29,5 x 21cm. Nº4: 30 x 22cm. Nº5: 32 x 22 cm. Nº6: 31,3 x 21,5 cm. Nº7–24 e 3 especiais: 21 x 30 cm

Publicación trimestral ilustrada, editada en Santiago de Compostela e impulsada polas organizacións que deron lugar á Coordinadora Nacional de Organizacións Feministas. Nace co obxectivo de dar voz á produción de todas as mulleres e organizacións feministas que quixesen participar.

Créase en 1983 e constitúe un exemplo de deseño colaborativo. As cabeceiras e portadas foron, na súa maior parte, realizadas de xeito colectivo, agás o número 0, deseñado por Gloria Blanco Orviz, e os números 4, 5 e 6, realizados por Elena Cores. Os catro primeiros números están impresos en tinta violeta sobre papel branco e, a partir dos números 5 e 6 —en tinta negra sobre papel rosa— estandarízanse a tipografía e o formato da cabeceira.

Uqui Permui, integrante dos equipos de maquetación e de redacción na primeira etapa de Andaina, sinala que “Andaina foi unha forma orixinal de aterrar no deseño […]. Podo percibir como os cambios na revista coinciden cos cambios na miña aprendizaxe. Por exemplo, cando comezo a traballar no estudio de deseño do meu irmán; cando sae o número 11, incorporando por primeira vez fotografías; e no seguinte número coa primeira cabeceira realizada con Letraset, deixando atrás a letra debuxada».

Créditos:

Encarna Siota, Maika Novoa, Mónica Couso (ilustración e fotografía)
Grafisant (impresión)

Fonte:

Fondo A Saia. Publicacións periódicas feministas e LGBTIQ+. Consello da Cultura Galega

1983_1991-Cabeceira_Andaina-Deseño_colectivo-n00

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos