Cartel “Presencia de Galicia”
- Formato/tipoloxía:
- Dimensións:
- 60 x 40 cm
- Serie:
- Laboratorio de Formas
Este cartel anuncia a exposición inaugural da Galería Sargadelos en Madrid, “Presencia de Galicia”, que presentou libros galegos publicados a partir do S. XVI, unha colección de acibeche, mapas do Antigo Reino de Galicia e fotografías de esculturas do centro histórico de Santiago. As Galerías Sargadelos —unha iniciativa do Laboratorio de Formas— foron concibidas como canles de distribución da cerámica do Castro e de Sargadelos e como espazos de difusión da cultura galega. No deseño deste cartel Seoane creou unha “árbore xenealóxica da cultura galega”. A nivel gráfico, recorre a recursos característicos da súa práctica: a integración de elementos manuais, como a ilustración de trazo expresivo, con compoñentes mecánicos (tipografía), e o uso de sobreimpresións de cor para ampliar a gama cromática e introducir sensación de profundidade.
- Créditos:
-
Imprenta Moret
- Fonte:
- Dereitos:
Relacionados - Arquivo do deseño
Libro “Dolmen”
Catálogo ilustrado “Artículos para fotografía. Papelería de Ferrer”
Publicidade Termas de Cuntis