Colección Lar

Formato/tipoloxía
Dimensións
16 x 11 cm

En 1924 Leandro Carré e Anxel Casal fundan a Editorial Lar na Coruña, seguindo no seu proxecto de publicar obras en galego que puidesen chegar a todo o público. Par iso crearon esta colección de noveliñas populares de tamaño e prezo reducido, primeiro nunha tirada quincenal e logo mensual, ata chegar aos corenta títulos en 1928. Os cinco primeiros números saíron da Imprenta Moret, e logo xa dos propios talleres de Casal e Carré.

Camilo Díaz foi o encargado das cubertas da colección, cun deseño único no que só ía cambiando o título e autor da obra e a cor de impresión. Escolleu como motivo central un trilito levantado sobre un outeiro, símbolo do celtismo, detrás do que se recorta unha enorme lúa chea. Sobre o debuxo superpóñense as letras de LAR nunha tipografía modernista. As partes superior e inferior quedan enmarcadas coa ilustración dunha serie da cabezas de monstros claramente inspiradas nas esculturas da base do Pórtico da Gloria. Os dous elementos xa se tiñan usado por Castelao como viñetas soltas na revista Nós e un trilito semellante coroando unha escena nocturna xa fora ilustrado polo propio Camilo Díaz na colección Céltiga para o libro Almas Mortas de Antón Vilar Ponte (1922), e antes aínda no lenzoTríptico dos homes de Brigantia (ca. 1919-1921)

Fonte

Biblioteca de Galicia

Dereitos

Galiciana, Biblioteca Dixital de Galicia.
Public Domain Mark 1.0

lar01

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos