Cuberta “Biblioteca Básica da Cultura Galega”
- Dimensións
- 17 x 12 cm
A “Biblioteca Básica da Cultura Galega” é unha colección de cincuenta libros publicados pola Editorial Galaxia. O deseño das cubertas da primeira edición caracterízase por unha linguaxe gráfica sistemática, baseada na repetición dun mesmo esquema compositivo: unha serie de marcos rectangulares concéntricos, en liña branca, ordenan o espazo e conducen a mirada cara ao título e á autoría, compostos cunha tipografía clásica, a Century Schoolbook. O uso da cor actúa como único elemento de variación, asociado ás distintas áreas temáticas da colección (Galicia, Cultura Histórica, Cultura Popular, Economía e Socioloxía, Galeguismo, Literatura e Manuais). Tanto o nome da colección como o nome da temática aparecen en letra manuscrita na parte superior e na base da páxina. A ausencia de imaxes subliña o carácter intelectual e canónico das obras. Esta solución remite tanto á tradición editorial europea de posguerra como a unha vontade de dignificación cultural, acorde co proxecto de Galaxia de construír un corpus básico da cultura galega.
- Créditos
-
Editorial Galaxia
- Fonte
-
Editorial Galaxia vía Wikimedia Commons
- Dereitos
Relacionados - Arquivo do deseño
Cartel “Fálalle galego”
Colección “Mestre Mateo”
Colección “A Herba de Namorar”