Farolas Paseo Marítimo A Coruña
Farolas de metal en dous tamaños que inclúen unha serie de esmaltes no corpo inferior. As máis pequenas levan unha soa lámpada e as máis grandes ramifican en dous na parte superior para iluminar ámbolos lados da rúa. O deseño destas farolas, un dos proxectos máis ambiciosos de iluminación pública dos anos 90, está inspirado na estética do Art Nouveau e foi ideado polo arquitecto Antonio Desmonts para a cidade de A Coruña. A súa singular forma e motivos recollidos nos seus esmaltes convertéronas nun elemento da paisaxe urbana amplamente coñecido.
Os 1.200 esmaltes, que decoran cada unha das luminarias, son da artista coruñesa Julia Ares e están colocados por pares. Un máis grande, de forma elíptica á altura da vista, e un redondo, colocado máis abaixo, en liña co primeiro. A variedade de imaxes, técnicas e cores empregadas, así coma a cantidade de referencias ás que remiten, convirten o conxunto nunha gran biblioteca caleidoscópica na que sempre queda algo por descubrir. As temáticas principais son catro: os peixes, na zona da Casa dos Peixes; o faro, na zona da Torre de Hércules; o deporte, na zona da Hípica; e, na zona de Belas Artes, o protagonista é Picasso, antigo alumno da escola.
- Créditos:
-
Julia Ares (esmaltes)
Concello da Coruña - Dereitos:
-
CC BY-NC-ND 3.0 ES
Fotografía: AR\DE
Relacionados - Arquivo do deseño
Cartel Cinzano
Cartel de Baiona
Vestiario para Ballet Galego