2015-Lampada_Gilda-LagoMonroy
Formato/tipoloxía
Dimensións
46 x 23 x 11.5 cm

A lámpada Gilda parte dunha metáfora corporal: a súa silueta suxire o movemento dun paso de tango ou a imaxe dunha perna que se insinúa na abertura dunha saia, referencia que introduce no obxecto unha dimensión expresiva pouco habitual no deseño de iluminación funcional. Formalmente, a lámpada constrúese a partir dunha combinación de aceiro lacado, aluminio lacado e latón. O foco realízase mediante repuxado metálico, mentres que o resto dos compoñentes se resolve mediante procesos de curvado, soldadura e torneado, o que evidencia unha especial atención á construción e ao detalle artesanal. 

O deseño de Gilda sintetiza dous aspectos recorrentes na obra de Lago:Monroy: a procura dunha elegancia formal a partir de estruturas reducidas ao esencial e a incorporación dun relato que dota os obxectos dunha identidade singular.

2015-Lampada_Gilda-LagoMonroy

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos