1800-prensa_el_canton_compostelano-Cayetana_Andrea-05
1800-prensa_el_canton_compostelano-Cayetana_Andrea-03
1800-prensa_el_canton_compostelano-Cayetana_Andrea-04
1800-prensa_el_canton_compostelano-Cayetana_Andrea-02
1800-prensa_el_canton_compostelano-Cayetana_Andrea-01
Formato/tipoloxía:
Dimensións:
15 x 9,5 cm
Temática:
Mulleres impresoras

Estamos ante o primeiro xornal editado en Galicia. Saíu do prelo o 1 de maio de 1800 en Santiago de Compostela e foi fundado por Francisco del Valle Inclán. Comparando a data de publicación de “El Catón Compostelano” coa dos primeiros periódicos españois, obsérvase o enorme baleiro no que estivo sumida a prensa galega durante unha boa parte do século XVIII. A aparición deste decano dos xornais galegos foi o decisivo punto de arranque para novas publicacións periódicas, pero non dunha maneira inmediata, xa que non volvería aparecer ningún outro no período que vai de 1800 a 1808. A publicación constaba de 16 páxinas, nas que se trataban temas de corte erudito e polémico, dende a necesidade da educación das mulleres ata a orixe das linguas de España; da paz, a liberdade ou o tempo, á necesidade dunha Historia Natural de Galicia ou a descrición dunha embarcación que puidese navegar polo aire. O xornalista coruñés Eugenio Carré Aldao comentaba que eran escasos os exemplares que saíran e poucas as persoas que viran algún número desta publicación que camiñaba entre o liberalismo e o poder eclesiástico. A colección completa conta con vinte números e paxinación correlativa ata a 336. Cada número consiste nun discurso.
No ano 2020 O Consello da Cultura Galega publicou unha edición facsimilar deste xornal.

Fonte:

Orixinal: Biblioteca Seminario Maior Divino Maestro, Diocese de Ourense
Dixital: Galiciana, Biblioteca Dixital de Galicia

1800-prensa_el_canton_compostelano-Cayetana_Andrea-05

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos