Portada do nº 0 de A Nosa Terra, 1977
i
Portada do nº 5 de A Nosa Terra, 1978
i
Páxina 4 do nº 5 de A Nosa Terra, sección Nacional, 1978
i
Páxina 2 do nº 16 de A Nosa Terra, sección “en poleiro alleo”, 1978
i
Páxina 11 do nº 16 de A Nosa Terra, especial Letras Galegas, 1978
i
Portada do nº 34 de A Nosa Terra, 1978
i
Páxina 12 do nº 43 de A Nosa Terra, 1978
i
Portada do nº 93 de A Nosa Terra con debuxo de Laxeiro, 1980. Deseño de “Galicia, Estudo e Formas”
i
Páxina 11 do nº 93 de A Nosa Terra, 1980. Deseño de “Galicia, Estudo e Formas”
i
Portado do nº 100 de A Nosa Terra, 1980. Maqueta de Xurxo Fernández
i

Periódico “A Nosa Terra”

Formato/tipoloxía

“A Nosa Terra” foi un xornal galego semanal de orientación nacionalista, cun claro predominio do xornalismo informativo. Contaba tamén con espazos de opinión, tanto de persoas colaboradoras como de lectoras e lectores. Naceu en 1977 e chegou a publicar un total de 1.417 números. Esta ficha céntrase na primeira etapa da publicación —ata o número 131—, período no que estivo dirixida por Margarita Ledo.

O deseño e a confección do xornal foron creados por Pepe Barro, responsable da maquetación ata o número 73. Segundo consta nos créditos da publicación, posteriormente estas tarefas pasaron a mans de “Galicia, Estudo e Formas”, Xurxo Fernández e Procugasa, mantendo a esencia do deseño inicial.

A cabeceira, que se mantivo sen modificacións ata o número 500, empregaba a tipografía American Typewriter na súa versión máis grosa e condensada. Imprimíase en cor azul e presentábase con todas as letras en maiúscula. A maqueta estruturaba a maior parte das páxinas en cinco columnas, aínda que tamén incluía contidos en tres columnas, especialmente nas páxinas de opinión, colaboracións ou destacados. O corpo de texto aparecía xustificado e os parágrafos introdutorios —nun tamaño lixeiramente maior— presentábanse con frecuencia aliñados ao centro e ocupando todo o ancho da páxina.

Os números completos de “A Nosa Terra” poden consultarse na hemeroteca dixital do Consello da Cultura Galega. Estes fondos hemerográficos son propiedade da Fundación A Nosa Terra. Permítese a consulta e o uso dos fondos dixitalizados con fins de conservación e investigación, así como a súa distribución e difusión, sempre que se cite a autoría, non se obteña beneficio comercial e non se realicen obras derivadas.

Créditos

Promocións Culturais Galegas S. A. (edición)
César Varela García, Felipe Senén, Xoaquín Acosta, Xosé Enrique Morales, Xosé Luís Fontenla Rodrigues (fundadores)
Margarita Ledo (directora)
La Voz de Galicia S.A., Santiago de Compostela (imprenta, nº 0–26)
Gráficas Alpima, Vigo (imprenta, nº 27–46)
La Región S.A., Ourense (imprenta, nº 47–131)

Dereitos

Fundación A Nosa Terra

CCG_fd_pub2211_ANosaTerra_n0_1977_1

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos