Plataforma web Flocos.tv
- Formato/tipoloxía:
Flocos.tv foi unha plataforma que reunía contidos audiovisuais creados en Galicia, tanto por profesionais como por persoas afeccionadas. O proxecto, promovido por Manolo González e Xurxo González, botou a andar en decembro de 2008 cun catálogo inicial de vinte e cinco curtametraxes, e co tempo chegou a superar as trescentas obras entre curtas, medias e longametraxes. A web permitía non só ver os vídeos, senón tamén crear unha conta para deixar comentarios e marcar títulos como favoritos. Funcionaba como rede social, fomentando a participación e interacción entre usuarios e a difusión das pezas noutras plataformas. Esta actividade quedaba reflectida en listaxes coas obras máis reproducidas, máis comentadas ou con máis seguidores. En 2008, foi recoñecida cos Premios Mestre Mateo como mellor obra interactiva. En febreiro de 2011, Flocos.tv deixou de estar activa despois de 2 anos de vida.
- Créditos:
-
Axencia Audiovisual Galega (promotora)
- Fonte:
Relacionados - Arquivo do deseño
Páxina web Historia-Arte (HA!)
Páxina web Letrag