Portada “Os nosos cantos”
- Formato/tipoloxía:
- Dimensións:
- 11 x 8 cm
Esta publicación, de 32 páxinas, recolle os cantos da organización xuvenil Ultreya, impulsada polo Partido Galeguista. Tiña como obxectivo organizar na loita patriótica e educar nos principios desta a mozos de entre 12 e 18 anos, entre os que se atopaba Xosé de Castro Arines. Alumno de debuxo de Castelao no Instituto de Pontevedra, foi o rianxeiro quen o asesorou nos inicios da súa carreira artística. A portada, un deseño a dúas tintas, integra o logotipo de Ultreya, un tríscele de inspiración celta, cunha ilustración dun grupo de mozos avanzando en diagonal, símbolo de loita e afirmación colectiva. Ao fondo, un sol nacente suxire esperanza e un novo amencer. A rotulación, integrada na ilustración, está inspirada nas letras medievais que inspiraron a Castelao na configuración da “letra galega”.
- Créditos:
-
Ultreya (edición)
Imprenta Nós (impresión) - Fonte:
-
Orixinal: Real Academia Galega
Dixital: Galiciana, Biblioteca Dixital de Galicia - Dereitos:
Relacionados - Arquivo do deseño
Caixa lámpadas Yria
Cartel Cinzano
Identidade Seminario de Estudos Galegos