Portada número 33, deseño de Francisco Miguel
i
Portada número 34, ilustración de Rafael Barradas
i
Portada número 35, ilustración de Cándido Fernández Mazas
i
Portada número 37, ilustración de Manuel Méndez
i
Portada número 39, deseño de Francisco Miguel
i
Portada número 47, deseño de Francisco Miguel
i
Formato/tipoloxía:
Dimensións:
23 x 31 cm

A revista “Alfar”, continuadora da “Revista de Casa América-Galicia”, comezou no número 32, en setembro de 1923, na Coruña. Foi unha publicación vencellada á difusión das vangardas artísticas e literarias no ámbito galego e estatal, e introduciu en España movementos de vangarda como o surrealismo ou o creacionismo, feito que a situou ao nivel doutras publicacións do seu tempo, como a “Revista de Occidente”.


Baixo a dirección do poeta Julio J. Casal, cónsul do Uruguai na cidade herculina, o deseño de “Alfar” estivo fortemente influído polo ultraísmo e outras vangardas. Os creadores Francisco Miguel e Rafael Barradas foron directores artísticos da revista en distintas etapas, así como colaboradores habituais.


O galego Francisco Miguel foi o responsable do deseño das portadas dos números 33, 39 e 47, nos que se pode observar como a influencia vangardista dos primeiros anos evoluciona cara a un enfoque máis racionalista, centrado na tipografía, no número 47.

Rafael Barradas, uruguaio afincado en París, foi o autor de numerosas ilustracións interiores e da portada do número 34. Outros números salientables son o 35, con ilustración de Cándido Fernández Mazas, ou o 37, con ilustración de Manuel Méndez, exalumno de Castelao no Instituto de Pontevedra e colaborador doutras revistas de vangarda como “Nós”.

César Antonio Molina, comisario dos actos conmemorativos da edición facsimilar de “Alfar” en xaneiro de 1984, afirmou: “Esta foi a primeira gran revista de arte e literatura en Galicia e en España, porque nela se produciu a unidade do artístico e do literario”.

Créditos:

Julio J. Casal (dirección)
Casa América-Galicia (edición)

Fonte:

Orixinal: Real Academia Galega
Dixital: Galiciana, Biblioteca Dixital de Galicia

1923_1955-Revista_Alfar-n33-Francisco_Miguel

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos