1985-revista-festa_da_palabra-MargaritaLedo-02
1989-revista-festa_da_palabra-MargaritaLedo-06B
1990-revista-festa_da_palabra-MargaritaLedo-07
1991-revista-festa_da_palabra-MargaritaLedo-08B
2002-revista-festa_da_palabra-MargaritaLedo-17
1998-revista-festa_da_palabra-MargaritaLedo-14B
2010-revista-festa_da_palabra-MargaritaLedo-26
2010-revista-festa_da_palabra-MargaritaLedo-26B

Revista “Festa da palabra silenciada”

Formato/tipoloxía
Dimensións
23,7 x 22 cm (nº 2 e seguintes)

Publicación anual ilustrada, promovida e editada pola FIGA (Feministas Independentes Galegas). O seu principal obxectivo foi o de promover o pensamento, a investigación, o debate e a crítica feminista, ao tempo que se visibilizaba o traballo das mulleres na literatura e as artes visuais. 

Pódese dicir que o número 1 foi un previo á definición da maqueta e o deseño da publicación. A partir no número 2, o seu formato case cadrado permanece. A maqueta presenta os contidos dentro dun marco de límites visibles, xeralmente con 2 ou 3 columnas para o corpo de texto e 2 filas —unha arriba e outra abaixo— para o título e o nome da autoría ou da sección. A portada vai sempre impresa en cor e as páxinas interiores en branco e negro. A portada, que foi variando ao longo dos anos, presenta sempre unha imaxe central, deixando marxes amplas, nas que aparecen o título da revista e —en grande ás veces superpoñéndose á imaxe— o número da publicación. As columnas de texto aparece a miúdo “interrompidas” por ilustracións ou fotografías. A partir do número 14, a palabra “silenciada” desaparece da cabeceira; é tamén a partir dese número cando empezamos a ver colaboracións de homes nos contidos da revista. Desaparace como publicación periódica en 2013.

Compartimos algúns exemplos de portadas e páxinas interiores. Os 29 números da revista están dispoñibles para consulta e descarga na páxina web do Consello da Cultura Galega.

Créditos

Feministas Independentes Galegas (edición)
María Xosé Queizán (coordinación)

1985-revista-festa_da_palabra-MargaritaLedo-02

Relacionados - Arquivo do deseño

Relacionados - Recursos